InicioTerra CháCastro de ReiA Xunta e Inta seguen apostando por Rozas como centro da innovación...

A Xunta e Inta seguen apostando por Rozas como centro da innovación aeroespacial en Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou, xunto co director xeral do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (Inta), José María Salom, o aeródromo de Rozas, en Castro de Rei (Lugo).

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou, xunto co director xeral do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (Inta), José María Salom, o aeródromo de Rozas, en Castro de Rei.

Na visita, o conselleiro puxo de relevo que a Xunta e Inta están a reforzar a súa colaboración para seguir impulsando novos proxectos de innovación e industrialización no ámbito aeroespacial de Galicia.

Conde subliñou que se están finalizando os proxectos que se estaban desenvolvendo no período 2015-2020, con produtos que nalgúns casos xa se están comercializando, e que se avanza na preparación do período 2021-2025, cunha manifestación de interese na que xa se recibiron 153 propostas de 67 entidades.

Segundo subliñou o vicepresidente económico, en base ás mesmas, prepárase unha nova licitación co obxectivo de mobilizar 160 millóns de euros nos próximos cinco anos, “que veñen sumar e a consolidar, desde o punto de vista da innovación, do desenvolvemento tecnolóxico e da industrialización”.

Tamén destacou Conde que, coa colaboración do Ministerio de Defensa, a través do Inta, coa implicación da Xunta e coa participación do tecido produtivo, e con empresas como Indra Babcock e Boeing, están a desenvolverse máis de 35 proxectos de I+D+i nos que participan pemes e centros de investigación galegos.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...