InicioEconomíaOs empresarios de Lugo sinalan que a Alcoa "non pode estar por...

Os empresarios de Lugo sinalan que a Alcoa “non pode estar por encima dos intereses de España”

O seretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo, Jaime López, insistiu en que os empresarios da provincia "están moi preocupados" pola situación da factoría de San Cibrao, e lembrou que viñan "avisando desde hai tempo que a actitude" da empresa non era "consecuente, e cumpríronse os peores agoiros".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, considerou que unha empresa multinacional como Alcoa, “que non ten arraigamento claro co territorio, non pode estar por encima dos intereses de España“, en xeral, “nin de Lugo en particular”.

López insistiu en que os empresarios da provincia “están moi preocupados” pola situación da factoría de San Cibrao, e lembrou que desde a CEL viñan “avisando desde hai tempo que a actitude” da empresa non era “consecuente, e cumpríronse os peores agoiros”.

“Nós sempre trasladamos este pesimismo que se concretou onte”, engadiu, en alusión á ruptura de negociacións cos traballadores e tras non concretarse a venda a Liberty. “Hai que tomar medidas que poden ir desde a intervención ou non intervención, pero o que esta claro é que unha empresa deste tipo, unha multinacional que non ten un arraigamento claro co territorio non pode estar por encima dos intereses de España, nin de Lugo”.

En todo caso, matizou que “agora a quen lle toca arrimar o ombreiro é a quen eu creo (polo goberno central) que nalgún momento estivo mirando para outro lado, pensando que isto non ía pasar”. Polo demais, Jaime López valorou con “un positivismo máis ou menos razoable” a ampliación dos ERTE ata o 31 de xaneiro.

A economía é un paciente que segue enfermo e neste momento hai que seguirlle dándolle tratamento e o tratamento fundamental é evitar que esta xente que se atopa en situación de ERTE motivados, ou ben por forza maior ou por outras causas, non acaben no desemprego”, secundou.

O secretario xeral da CEL constatou que a finais de agosto había oito mil persoas en ERTE, na provincia de Lugo, fundamentalmente no sector de hostalaría con algunha derivada no ámbito do comercio e o sector servizos. Non oculta que estes ERTE teñan que ampliarse máis aló do 31 de xaneiro, cando menos ata que se dea por acabada coa pandemia. “Creo que ata que haxa solución á pandemia teremos que tomar este tipo de medidas. O país non pode aguantar a tanta xente no desemprego”, inferiu finalmente.

ÚLTIMAS

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...