InicioEconomíaLugo disfrutará do polbo polo San Froilán a pesar do coronavirus

Lugo disfrutará do polbo polo San Froilán a pesar do coronavirus

A alcaldesa de Lugo da resposta así á petición da asociación de Lugo para dinamizar este sector económico e manter, ademais, a tradición gastronómica desta festa patronal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As rúas da cidade de Lugo volverán ter os típicos caldeiros de polbo durante o vindeiro mes de outubro con motivo das festas do San Froilán. Así o acordou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, tras manter unha xuntanza con Cheché Real, presidente da Asociación de Hostaleiros de Lugo.

A rexedora dá resposta desta maneira a unha demanda do sector que, este ano, a causa das medidas restritivas impostas pola Xunta para frear a propagación do virus COVID-19, atópase nunha difícil situación xa que non se celebrará o San Froilán como outros anos, sen casetas de polbo e sen barracas, para evitar aglomeración de cidadáns.

Por iso, e sempre tendo en conta a obrigatoriedade de respectar as disposición marcadas polas autoridades sanitarias, o Concello permitirá que se instalen nas rúas os tradicionais caldeiros para que a xente poida, ou ben consumir o polbo nas terrazas ou ben levalo para as súas casas. Para tal fin, o procedemento habilitado será a presentación previa por parte dos interesados dunha solicitude de ocupación da vía pública, que será atendida polo departamento da Policía Urbana.

Logo da xuntanza, Lara Méndez destacou a necesaria colaboración entre institucións e colectivos para “xuntos, entre todos, paliar a difícil situación na que se atopa o tecido económico, especialmente aquel que crea miles de postos de traballo na cidade, como son a hostalaría ou comercio, buscando fórmulas de dinamización que permitan manter os empregos e, por tanto, a moitas familias”.

“Aínda que o San Froilán non será este ano unha festa de masas como noutras edicións, é importante manter o seu espírito, e sen a esencia gastronómica, co polbo como produto principal, esta festa patronal perde unha importante tradición”, concluíu.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...