Traballadores de San Cibrao colgan unha pancarta da Muralla de Lugo para reivindicar: “Non se vive do turismo”

O comité de empresa recoñece que as negociacións para a venda van "lentas" e acusa a Alcoa de "pór trabas" ao proceso.

Obreiros de Alcoa amosan o lema "non se pode vivir só do turismo" na muralla romana de Lugo. EFE/ELISEO TRIGO

A práctica totalidade do comité de empresa da planta de Alcoa San Cibrao, en Cervo, subiuse este venres á Muralla de Lugo para descolgar unha pancarta baixo o epígrafe ‘Non se vive do turismo’ e reclamar a continuación da actividade na factoría.

O presidente do comité, José Antonio Zan, explicou que a mobilización responde “a unha acción programada” xa a semana pasada “para reivindicar que non só se vive do turismo”. “Despois das noticias desta semana temos que cambiar o paso, pero temos claro que a primeira mensaxe que temos que lanzar aos políticos é que necesitamos a industria para saír da problemática do COVID porque o turismo non é a saída”, esgrimiu.

En canto ás negociacións de Alcoa con Liberty, Zan descartou que estean “rotas” e asegura que “se segue negociando”: “O que pasa é que transcorren dunha forma máis lenta do que nós queremos”. Máis información no Xornal da Mariña.