InicioEconomíaO turismo baixa na provincia un 25% con respecto a 2019, especialmente,...

O turismo baixa na provincia un 25% con respecto a 2019, especialmente, na Mariña

A Mariña pasa dun 90% en xullo de 2019 a un 25% este ano. Tamén baixa en Lugo e na Terra Chá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante o mes de xullo, na que se alcanzou unha media dun 50,9% de ocupación no conxunto da provincia.

O 25% da ocupación hoteleira da Mariña está moi distante do 85% rexistrado no mesmo mes do ano 2019. Tampouco a cifra no conxunto da provincia é alentadora, pois o 51% de ocupación palidece con respecto ao 75% do mes de xullo do pasado curso.

 

A Ribeira Sacra e a da Montaña foron as áreas da provincia con máis visitantes, cunha media do 75% e do 70% de ocupación, respectivamente. Pola súa banda, Lugo Centro logrou o 42,7% e A Terra Chá roldou o 42%.

Segundo a Apehl, a actual situación sanitaria provocou que o sector hoteleiro xogue cunha gran incerteza, pois “moitos usuarios realizan reservas hoxe e anulan mañá”. Así mesmo, lamentan que o turismo internacional sexa mínimo, dado que se conta cos dedos das mans?.

Por contra, os hoteleiros das zonas de interior e montaña si que notan “un mes de xullo mellor que outros anos”. No relativo ás previsións de ocupación por zonas para o mes de agosto mantéñense actualmente nun 55% para A Mariña, 35% para Lugo centro, 85% para A Montaña, 30% para A Terra Chá e 85% para A Ribeira Sacra.

Deste xeito, agosto converteríase noutro mal mes para a bisbarra, que alcanzou no pasado exercicio unha ocupación neste mesmo período do 91,5%. Tamén sería sensiblemente peor para o conxunto da provincia, que alcanzou o 88% nese intervalo durante o 2019.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo, candidato do BNG para 2027 en Lugo coa “convicción” de recuperar o goberno

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, formalizou este luns a...

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Integrantes da Praza de Abastos piden unha reunión co novo goberno local

Responsables de locais da Praza de Abastos e do Mercado de Quiroga Ballesteros de...

Senadores do PP lucense reclama cubrir prazas vacantes e reforzar o persoal de Correos na provincia

O senador popular José Manuel Balseiro defenderá este martes na Comisión de Facenda do...