InicioEconomíaO comité e Alcoa a piques de romper as negociacións ante falta...

O comité e Alcoa a piques de romper as negociacións ante falta de acordo no ERE

A multinacional insiste en incluír nas negociacións o peche das cubas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O comité de Alcoa e a multinacional preparaban sobre as catro da mañá deste mércores unha acta de desacordo despois de que se rompesen as negociacións do período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola compañía na planta de aluminio, que suporía 534 despedimentos na factoría e outros 400 en empresas auxiliares.

Segundo concretou o comité de empresa ás decenas de traballadores do complexo industrial e das contratistas que continuaban arroupando aos seus representantes á saída do restaurante Los Robles, en Lugo, “(Alcoa) segue empeñada en poñer enriba da mesa o ERE, o Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) e a parada de cubas, e nós seguimos na nosa posición”. Máis información no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...