InicioEconomíaMáis de mil persoas protestan en Lugo contra o inicio do ERE...

Máis de mil persoas protestan en Lugo contra o inicio do ERE de Alcoa

Os obreiros esixen á Xunta e ao Goberno a intervención da planta de San Cibrao para frear o "ataque" á industria do aluminio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A dirección de Alcoa volveu reunirse co comité de empresa, de novo nun restaurante de Lugo, para iniciar este xoves o período formal de consultas do proceso de despedimento colectivo que podería rematar con 534 traballadores da fábrica de aluminio primario de San Cibrao na rúa, ademais de co despedimento doutros 400 empregados de empresas auxiliares.

Segundo expuxo o presidente do comité, José Antonio Zan, a multinacional iniciou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) baseado en “cuestións organizativas produtivas e económicas”, no que polo de agora non trascendeu a identidade dos traballadores afectados aínda que “non fai falta, pois todos sabemos quenes son”. O recorte produtivo suporía, en realidade, baleirar de contido a factoría, co peche da electrólise, o cese da produción de ánodos, de metal líquido e das actividades relacionadas, así como da elaboración de tochos, lingotes e de parte da factura de placas de fundición.

“O QUE BUSCA A EMPRESA É METER AQUÍ ALUMINIO QUE FABRICA NO ESTRANXEIRO”

“O que buscan é unha deslocalización total, xa que acaban coa última planta de aluminio pero eles (Alcoa) poden seguir metendo o metal aquí; actualmente meten máis dun millón de toneladas en España e Europa. Tráeno de Arabia Saudí e de Noruega, tamén de África, pois tamén o traen de Mozambique“, expuxo.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...