InicioEconomíaAbanca e a Deputación lanzan o Plan Reactivación cunha liña de créditos...

Abanca e a Deputación lanzan o Plan Reactivación cunha liña de créditos brandos por 25 millóns

Trátase dunha liña de financiamento orientada a reactivar o tecido económico de empresas e fogares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Abanca e a Deputación Provincial de Lugo asinaron este martes un acordo para o lanzamento do Plan Reactivación, unha liña de financiamento de ata 25 millóns de euros para impulsar a recuperación do tecido socioeconómico e paliar o impacto da crise xerada pola pandemia de coronavirus.

O convenio foi subscrito no Pazo de San Marcos polo presidente da Deputación, José Tomé Roca e o director da Banca Institucional de Abanca, Santiago Novoa García, e supón unha adaptación do Plan Activamos (en marcha desde 2014) ás actuais circunstancias.

No protocolo acordado inclúense diferentes opcións de financiamento con condicións melloradas, entre as que destacan créditos ao tecido empresarial para atender necesidades de liquidez, e investimentos e préstamos para apoiar a dixitalización dos fogares.

“Nestes momentos é moi importante facilitar a circulación de crédito, axudar que chegue ás familias, aos autónomos e ás pequenas e medianas empresas, a verdadeira columna vertebral da nosa economía”, proclamou José Tomé.

O acordo asinado este martes supón a renovación dun convenio vixente desde 2014, o Plan Activamos que, desde a súa posta en marcha, inxectou máis de 103 millóns de euros nas familias, pemes, corporacións locais e autónomos da provincia. En total, formalizáronse 4.110 operacións de crédito, das que 710 correspóndense co ano pasado (por importe de algo máis de 17 millóns de euros).

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

A Vicepresidencia da Deputación organiza unha proxección de videoclips finalistas nos Mestre Mateo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reunirá a artistas e equipos de realización e...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...