InicioEconomíaComeza a funcionar a web 'Abrindo Lugo' para adquirir bonos nos establecementos...

Comeza a funcionar a web ‘Abrindo Lugo’ para adquirir bonos nos establecementos da cidade

A idea é que a veciñanza se implique na recuperación económica dos negocios locais a través do pago por adiantado de produtos ou experiencias que desfrutarán cando todo isto pase.

PUBLICADA O

- Advertisement -

‘Abrindo Lugo’, a plataforma de apoio aos negocios da cidade pechados polo estado de alarma, comeza a funcionar dende este venres 24 de abril. O público poderá mercar agora bonos para trocar máis adiante nos locais lucenses, de maneira que estas pequenas empresas xa vaian tendo algún ingreso durante estas semanas.

A plataforma, promovida polo Concello de Lugo en colaboración coa Federación de Comercio e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo, tamén ofrece pequenos descontos para os clientes que decidan axudar os negocios de proximidade.

O funcionamento da páxina é sinxelo. Os usuarios verán unha listaxe duns 40 establecementos adheridos á iniciativa e poderán escoller onde queren comprar bonos. Restaurantes, tendas de roupa, servizos especializados… Cada día vanse sumando máis empresas, algo que poden facer de balde na propia plataforma.  Á fin, será esencial a implicación da veciñanza para sustentar o comercio local, tan afectado por esta crise.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de...

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...