InicioEconomíaOs hostaleiros de Lugo piden que os ERTEs sexan ampliables a seis...

Os hostaleiros de Lugo piden que os ERTEs sexan ampliables a seis meses máis

A APEHL xa dá por perdido este 2020, ao estimar que non poderán abrir "como moi pronto ata xuño", e con medidas restritivas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL) cre que os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) deberían de estenderse seis meses despois de que finalice o estado de alarma ao considerar que o sector “tardará en volver aos niveis que tiña antes desta crise”.

Así o manifestou o presidente desta asociación, Cheché Real, en declaracións a Europa Press. “Isto non vai terminar co estado de alarma“, resaltou. Asume que este 2020 xa está “perdido” e que tardarán “un ano aproximadamente” en recuperar a situación económica previa.

Por iso, dende esta Asociación de Hostalaría e Turismo solicitan que os ERTEs sexan ampliables a seis meses “para tratar de sobrevivir”. Segundo Real, a idea non é destruír emprego, “senón que o sector volva activarse aos poucos” para volver nun futuro “a contratar xente”, engadiu.

ARDE LUCUS

En canto a unha posible data para a reapertura dos establecementos, comentou que se baralla “principios de xuño como moi pronto” e, matizou, “con medidas moi restritivas”. Iso “vai facer que o proceso de recuperación económica sexa máis lento”.

En canto ao Arde Lucus, que non foi cancelado polo momento, Real argumenta “que non ten ningunha posibilidade de celebrarse” porque “o bicho vai seguir aí”. Ademais, destacou que “a saúde está por encima de todo”.

+ posts

ÚLTIMAS

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...

Homenaxe á exalcaldesa de Lugo Paula Alvarellos cunha estatua na Praza Maior

A cidade de Lugo homenaxeou á exalcaldesa Paula Alvarellos co descubrimento dunha estatua na...

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...