InicioEconomíaOs hostaleiros de Lugo aseguran ter "problemas para a contratación" de persoal

Os hostaleiros de Lugo aseguran ter “problemas para a contratación” de persoal

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, calculou este mércores que no sector precisan uns "500 traballadores" para toda a provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, calculou este mércores que no sector precisan en torno a “500 traballadores” para toda a provincia.

“Seguimos tendo problemas para a contratación de xente e máis aínda para a contratación de xente con certa formación”, constatou o empresario lucense.

Así, Real estima que “en principio” poden “empezar a falar de 500 persoas na provincia, sobre todo agora para facer fronte á campaña de verán. Igual pasa co Xacobeo que, aínda que sexa en 2021, xa se empeza a notar a afluencia de peregrinos”. “Tamén sobe a presenza de turistas que se achegan á nosa provincia. Todo isto forma un cúmulo de circunstancias para as que se precisa máis persoal no sector de hostalaría e do turismo”, subliñou.

SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL

En canto a se a suba do Salario Mínimo Interprofesional, que se fixa para este ano en 950 euros ao mes, é un inconveniente para a contratación, Real certificou que “case todos os soldos da hostalaría están un pouco por encima dese Salario Mínimo Interprofesional”.

“Isto non vai ser unha barreira. O que necesita o hostaleiro son traballadores para sacar adiante o seu negocio no día a día”, recalcou o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo.

Cheché Real asegurou que desde a asociación tratan “de facer atractivo o sector, en canto a horarios e remuneracións”. “É un sector en alza, sobre todo agora que crece o turismo na provincia de forma exponencial e dunha forma importantísima”, concluíu.

ÚLTIMAS

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...

A Deputación de Lugo súmase á reclamación da descentralización de Medicina: “Non só para Vigo e Coruña, para Lugo tamén”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reclamou a participación de Lugo no...

Avance de cartel do Caudal Fest 2026

O 'Caudal Fest', evento que segue en ascenso ata posicionarse como o terceiro festival...

O lucense Alejandro Álvarez, ‘Mellor Condutor de Autocares 2025’ na categoría Mundo na feira ‘ExpoBus Iberia’

ExpoBus Iberia é unha feira de transporte de viaxeiros por estrada que tivo lugar...