InicioEconomíaA Xunta reivindica a especialización como peza "clave" da Industria 4.0 durante...

A Xunta reivindica a especialización como peza “clave” da Industria 4.0 durante unha visita a Vilalba

O director do Igape, Juan Cividanes, achegouse ás instalacións de Pelé Design and Retail, unha das empresas que recibirá axudas de Profesionais 4.0 para a contratación de xente moza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O director do Igape, Juan Cividanes, destacou este xoves en Vilalba que a especialización profesional e a retención do talento dos mozos en Galicia son “claves” no impulso da competitividade do tecido industrial galego e no fomento da Industria 4.0.

Así o dixo durante unha visita ás instalacións de Pelé Design and Retail, unha das 85 pemes que recibirán as axudas do programa Profesionais 4.0, destinado a promover a contratación de titulados universitarios e de técnicos superiores en FP de ata 35 anos.

Esta iniciativa servirá, segundo Cividanes, para impulsar a especialización e o acceso ao mundo laboral de 160 persoas xoves e tituladas hai pouco tempo. Dotada con dous millóns de euros, a nova liña de axudas incentiva a contratación e a formación destes profesionais por parte das empresas para a realización de plans de competitividade no campo da Industria 4.0.

As propostas de mellora desenvolveranse en áreas como a optimización financeira, a profesionalización da produción e a cadea loxística, o desenvolvemento de procesos e sistemas de xestión da calidade, a identificación e posta en marcha de redes de cooperación e socios, a aposta polo capital humano, o asesoramento integral ao proceso emprendedor, a dixitalización ou creación de contidos dixitais e a incorporación efectiva de tecnoloxía, entre outros.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

A Feira do Viño de Amandi reúne máis de 20 bodegas coa colaboración da Deputación

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...