InicioEconomíaStop Desafiuzamentos Lugo remata o ano cunha ducia de casos, a maioría...

Stop Desafiuzamentos Lugo remata o ano cunha ducia de casos, a maioría relacionados co aluguer

O caso máis grave é o "dunha nai, moi nova con dous nenos, e que por un accidente de tráfico ten problemas para acceder aos bonos de aluguer".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da Plataforma Stop Desafiuzamentos Lugo, Mina Galván, explicou este luns que a asociación traballa actualmente nunha ducia de casos, a maior parte relacionados con falta de pagamentos no aluguer.

Galván asegurou que o ano 2019 foi “peor” nos primeiros meses, pero que foi mellorando co avance das semanas. Actualmente, o foco máis activo é o dos alugueres, dado que “a xente é moi desconfiada á hora de alugar unha vivenda”.

A piques de pechar o ano, a plataforma traballa “en media ducia de casos que están en vías de solución e noutra media ducia nos que a situación é máis complicada”.

Galván sinalou que o caso máis grave en Lugo é o “dunha nai, moi nova con dous nenos, e que por un accidente de tráfico ten problemas para acceder aos bonos de aluguer”.

En canto ás hipotecas, a activista advertiu que “segue habendo problemas, pero xa hai sentenzas e os xuíces actúan de oficio e mandan providencias para que a xente reclame”. “O das hipotecas cos bancos está un pouco mellor, segue habendo problemas graves pero son menos”, concluíu.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o vacío de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Declaración nos xulgados de Lugo dos oito detidos nas protestas en La Vuelta contra Israel

O oito lucenses detidos no Corgo polas protestas durante a celebración da Vuelta compareceron...