InicioEconomíaLugo pasa a ser a última provincia galega en exportacións

Lugo pasa a ser a última provincia galega en exportacións

A provincia alcanzou os seus mellores resultados de exportacións en 2015, e desde 2016 mantéñense "estables" ao redor dos 640 millóns de euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo atópase á cola exportadora en Galicia, ao situarse como a cuarta provincia ao ser pasada por Ourense, segundo os datos recompilados no estudo realizado pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e financiado pola Deputación provincial, ‘Lugo e os mercados exteriores’.

Na firma dun novo convenio que lle reporta á CEL 130.000 euros, o secretario xeral da patronal lucense, Jaime López resaltou que “a Deputación foi a administración de referencia para a consolidación de empresas en Lugo, foi non unha porta aberta senón unha porta permanentemente aberta”.

A provincia de Lugo alcanzou os seus mellores resultados de exportacións en 2015, e desde 2016 mantéñense “estables” ao redor dos 640 millóns de euros. O documento sinala que se mellorou o saldo comercial, pasouse dun déficit en canto a balance comercial da provincia de 507 millóns en 2009 a máis de 70 en 2018.

As exportacións e importacións concéntranse sobre todo na Unión Europea, máis do 85 por cento e do 50 do total respectivamente, con exportacións na súa maioría relacionadas coa alimentación, segundo recolle o estudo.

“Tal e como dixemos cando aprobamos os orzamentos para 2020, unha das principais liñas de actuación pasan polo impulso dos sectores produtivos”, manifestou o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé. Así, valorou que se axuda a “fixar poboación”, á vez que destacou que o seu goberno leva investidos máis de sete millóns de euros en plans de emprego e para emprendedores.

Finalmente, o secretario xeral da CEL, Jaime López, sobre o Brexit alertou de que “vai ser máis caro” exportar ao Reino Unido, polo que haberá que buscar outros mercado á vez que urxiu a necesidade de que se ” internacionalicen” aínda máis as empresas lucenses.

ÚLTIMAS

Lugo recoñece a traxectoria de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega Barrera, fillos adoptivos da cidade

O Concello de Lugo recoñeceu este sábado a traxectoria de dous "lucenses de corazón",...

Controlado un incendio nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei

Un incendio orixinado esta tarde nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei...

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...