InicioEconomíaDez empresas presentan ofertas para o deseño do espazo que substituirá á...

Dez empresas presentan ofertas para o deseño do espazo que substituirá á actual estación de bus de Lugo

Un total de dez empresas presentaron as súas ofertas para a redacción do proxecto básico para o deseño do novo espazo público que albergará a parcela actual da estación de autobuses de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de dez empresas presentaron as súas ofertas para a redacción do proxecto básico para o deseño do novo espazo público que albergará a parcela actual da estación de autobuses de Lugo.

O contrato de asistencia técnica para a elaboración da proposta de demolición da terminal e a urbanización desta contorna ten como obxectivo alcanzar un espazo público de uso social, ambiental e comercial que incluirá un intercambiador de transporte.

O Goberno sinala que o prazo establecido para a redacción deste proxecto será de cinco meses cun orzamento que ascende a case 48.000 euros.

Este contrato permitirá, segundo engade a Xunta, definir o uso que se lle vai dar a estes terreos para a súa integración e evitar o impacto que poidan xerar unhas instalacións pechadas en pleno centro da cidade.

ÚLTIMAS

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...

Arquivada a causa contra o loteiro de Lugo investigado por simular un atraco de 400.000 euros

O Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo decretou o sobresemento e arquivo provisional...

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...