InicioEconomíaCanto custan as luces de Nadal por cada habitante de Lugo?

Canto custan as luces de Nadal por cada habitante de Lugo?

Estas son todas as actividades do Nadal na cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo acendeu as súas luces o xoves 5 de decembro e para elas este ano destinou ao redor de 120.000 euros –1,22 por lucense–, unha baixada substancial con respecto aos 140.000 do ano anterior.

O Concello xa presentou as súas actividades destinadas á mocidade, nas que a Casa da Xuventude acollerá clases de cociña ou a elaboración dun grafiti. Pero, sen dúbida, o máis orixinal serán as sesións de ‘escape room’ que estarán dispoñibles desde o 20 ata o 30 de decembro con inscrición previa.

A Casa da Xuventude de Lugo tamén vivirá o 4 de xaneiro unha xornada multiaventura con ‘paintball’, ‘scalextris’ e ‘karts’ a pedais para nenos de 4 a 14 anos. Para este público, a Praza de Abastos será unha boa opción de conciliación con sesións de xogos tradicionais a partir do 23 de decembro.

Así mesmo, o programa presentado polo Concello ofrece viaxes á estación de Leitariegos (León), rutas invernais, clases de pilates e danzas orientais, ademais dunha ‘masterclass’ de DJ o 27 de decembro.

Para saber canto custan as luces no resto de cidades galegas, preme nesta reportaxe do Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...