InicioEconomíaAsí será o primeiro gran cambio para peonalizar a rolda da Muralla...

Así será o primeiro gran cambio para peonalizar a rolda da Muralla de Lugo

Un estudo encargado polo Concello de Lugo aposta por unha gran rotonda en San Fernando, compatible coa peonalización da rolda da Muralla. Polo momento, só é un proxecto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O estudo encargado pola área de Mobilidade do Concello de Lugo para reordenar o tráfico na confluencia da Avenida da Coruña coa Rolda da Muralla -dúas das principais arterias da cidade- avaliou “positivamente” a posibilidade de construír unha gran “rotonda nese espazo, adaptando as infraestruturas existentes a esa nova distribución” da circulación. E, de paso, avanzar nun dos grandes obxectivos desta lexislatura, a peonalización da rolda da muralla.

Os resultados dese estudo foron presentados este mércores polo tenente de alcalde, Rubén Arroxo, acompañado polo edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, e os técnicos da empresa que se fixo cargo do mesmo. Así, Arroxo precisou que a construción desa rotonda fronte a Porta de San Fernando da Muralla romana permitiría, “de cara ao futuro, no momento que se avance cara á peonalización completa do centro histórico de Lugo, o acceso ao aparcadoiro subterráneo que hai na Praza de Ferrol, dentro do recinto amurallado”.

Así mesmo, esa infraestrutura, dixo, “facilitaría a transición cara a futura unidireccionalidade da Avenida da Coruña“, principal entrada e saída da cidade cara ao norte. Arroxo precisou que se trata dun primeiro paso para a execución dun proxecto que non se materializará de forma inminente, dado que non se reservou ningunha partida para iso no orzamento municipal para 2020.

A idea é ir perfilando isto de cara aos próximos anos do mandato que acaba de comezar, unha vez que xa se coñecen, dixo, “as necesidades para mellorar a mobilidade na zona e sen perder de vista un obxectivo político claro, que é a peonalización da Rolda da Muralla”. O custo da obra ascendería a uns 300.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...