InicioEconomíaA Deputación de Lugo intégrase na Rede de Destinos Turísticos Intelixentes para...

A Deputación de Lugo intégrase na Rede de Destinos Turísticos Intelixentes para atraer máis visitantes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo acordou este venres incorporarse como membro institucional á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, un ente de ámbito estatal que está coordinado pola Secretaría de Estado de Turismo.

A portavoz do goberno socialista, Pilar García Porto, explicou que “se trata dunha adhesión que non supón ningún compromiso económico” pero que consideran que “repercutirá positivamente na chegada de visitantes” á provincia, facendo de Lugo “un destino moito máis atractivo”.

García Porto insistiu na importancia que ten para a Deputación de Lugo formar parte desta rede, que “ten como obxectivo impulsar a innovación e a tecnoloxía no ámbito do turismo en España e contribuír desta maneira a que os destinos sexan máis competitivos”.

Dentro deste ámbito, mencionou as iniciativas que se están pondo en marcha, como a implantación dun sistema de información turística intelixente, a través de plataformas que estarán dispoñibles en diferentes dispositivos portátiles.

Ademais, “este tipo de accións están a completarse coa instalación dunha rede de sinalización turística intelixente nos Concellos adheridos”, unha forma de “achegar aos visitantes a información turística relevante dunha maneira innovadora”, explicou García Porto.

“Con estas accións iniciais, evidenciamos que temos un claro interese por apostar e empregar o uso das novas tecnoloxías como ferramenta de consolidación do turismo no territorio. Son unhas actuacións que queremos que se vexan potenciadas grazas a esta integración dentro da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes”, resolveu.

A día de hoxe forman parte desta Rede de Destinos Turísticos Intelixentes 73 lugares de España, dos cales cinco están en Galicia (concellos de Ourense, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa e Deputacións de Pontevedra e de Ourense).

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...