InicioEconomíaFeijóo avisa que non vai haber AVE en Lugo en 2021

Feijóo avisa que non vai haber AVE en Lugo en 2021

Cualifica de "incorrecta" a data que anunciou o ministro Ábalos durante un mitin na cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, argumentou que 2021 “era o compromiso” de conexión de Lugo coa alta velocidade ferroviaria, pero que a día de hoxe é “inasumible” debido ao actual nivel de execución das obras.

Por iso, cualificou este luns de “incorrecta” a data que anunciou este fin de semana o ministro de Fomento en funcións, José Luís Ábalos, durante un mitin no que apelou a un investimento de 239 millóns de euros na electrificación Ourense-Lugo-Monforte para ter a dita “conexión” nese horizonte.

Nun acto tamén na cidade das murallas, o titular do Executivo autonómico dixo que “oxalá se puidese ter o AVE nas datas comprometidas polo Goberno de Rajoy”. “Pero eu son presidente da Xunta de Galicia e non podo confirmar esa data”, subliñou.

“Gustaríame confirmala porque sería o cumprimento dun compromiso do Goberno central co Goberno galego, pero eu non vou a enganar aos lucenses. Neste momento, co nivel de obra, moi escasa, licitada e con ningunha obra iniciada, eu creo que non hai ninguén que poida confirmar que o tren de alta velocidade unirá Lugo con Ourense en 2021“, avisou.

Feijóo insistiu en que “esa data” non a pode “ratificar” porque na súa opinión é “incorrecta” e non vai haber “AVE en Lugo no ano 2021”. “E ben que o sinto”, apostilou.

“A data de hoxe, o que diga isto que comigo non conte, eu non vou enganar aos lucenses. Ese era o compromiso, neste momento ese compromiso coa información e o nivel de execución que temos é un compromiso inasumible”, concluíu o presidente galego.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...