InicioEconomíaPalas de Rei celebra o queixo da Ulloa coa nova Encomenda

Palas de Rei celebra o queixo da Ulloa coa nova Encomenda

A  XXVI edición da Feira do Queixo da Ulloa reuniu en Palas de Rei ós sectores máis representativos da zona, con espazo para o sector agroindustrial e da artesanía

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Feira do Queixo na Ulloa é máis que queixo. Este certame abarcou na XXVI edición os sectores máis representativos da zona, ofrecendo diversas actividades e demostracións de gran interese para os veciños e turistas. Así, amáis da promoción deste queixo con Denominación de Orixe e do sobranceiro pan da comarca, houbo espazo para o sector agroindustrial e da artesanía. E, como novidade, tivo lugar o acto de creación da Encomenda do Queixo, asociación formada por comendadores que teñen entre os seus obxectivos fomentar e difundir o recoñecemento do queixo da Ulloa e dar a coñecer as súas cualidades en tódalas súas vertentes.

Logo do pregón oficiado polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, seguiu o acto de nomeamento dos comendadores: José Manuel Balseiro, delegado da Xunta en Lugo; Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Rural; María Varela, cociñeira e propietaria de Parada das Bestas; Juan Carlos Corredoira, árbitro; Jesús Quintá, polo seu labor en Alibos e no mundo rural; a empresa Cartografía e Medicións, ubicada en Palas de Rei; o alcalde de Monterroso, Miguel Rico, impulsor do certame; e o propio Santalices.

Miguel Santalices | Palas de Rei

Asemade foron entregados os premios aos hostaleiros gañadores do concurso de tapas con queixo da Ulloa, celebrado o venres e o sábado anteriores, e no que participaron un total de trece establecementos hosteleiros. O primeiro dos premios foi para albergue “Buen Camino”, pola súa tapa “ Coral Marino”; o segundo recibiuno Pulpería A nosa Terra, por a “Tosta da Ulloa con marmelada de tomate e aceite de oliva”; e o terceiro premio foi para a “Minihamburguesa” do bar Obelix.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...