InicioEconomíaAbanca reúne o seu comité de dirección en pleno San Froilán

Abanca reúne o seu comité de dirección en pleno San Froilán

Con este acto dáse inicio ao programa de educación financeira que o banco e a súa Obra Social Afundación desenvolverán ao longo do curso 2019-2020.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O comité de dirección de Abanca, o máximo órgano directivo tras o consello de administración, reuniuse este luns en Lugo con motivo do San Froilán.

Alí, visitaron un dos talleres formativos do Espazo +60, sobre banca móbil dirixidos a persoas maiores, con motivo do Día da Educación Financeira. Con este acto dáse inicio ao programa de educación financeira que o banco e a súa Obra Social Afundación desenvolverán ao longo do curso 2019-2020.

O comité de dirección, integrado polo conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, e 14 directores xerais, estivo acompañado pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o director territorial de Abanca en Lugo, Javier Soto. Fixeron un percorrido pola zona de festas con visita ás clásicas casetas e degustar o prato típico de polbo.

DATOS DA PROVINCIA

Así mesmo, o comité de dirección de Abanca tamén participou nun encontro de traballo coa Territorial de Lugo con máis dun centenar de profesionais da rede de oficinas.

Entre os datos da provincia analizados, atópase que o crédito da entidade financeira galega ao sector agro en Lugo crece ao peche de agosto un 25 por cento con respecto ao ano anterior. No circulante a empresas hai un aumento do 20 por cento e en financiamento a negocios prodúcese un incremento do 29 por cento.

Abanca conta cunha rede comercial de 67 oficinas na provincia, cun equipo de máis de 300 profesionais. A entidade contribúe á promoción de festas como San Froilán e Arde Lucus, así como a 17 clubs deportivos de Lugo como o CD Lugo e o CB Breogán.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

A Vicepresidencia da Deputación organiza unha proxección de videoclips finalistas nos Mestre Mateo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reunirá a artistas e equipos de realización e...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...