InicioEconomíaLugo, a provincia onde menos aumentou o paro en Galicia en agosto

Lugo, a provincia onde menos aumentou o paro en Galicia en agosto

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en 2.899 persoas en agosto en Galicia en relación con xullo, o que supón un incremento do 1,92%, algo superior ao rexistrado pola media estatal, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Con todo, a provincia de Lugo foi a que menos subiu de toda Galicia ao rexistrar un incremento menor á media galega e estatal. Así perderon o traballo 205 prsoas, o que representa un 1,42%.

En relación co mesmo mes de 2018, a cifra de desempregados en Galicia descende en 10.604 persoas, o que representa unha caída do 6,45%, case o dobre da media, e o total sitúase en 153.820 parados na comunidade galega. Toda a información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...