InicioEconomíaO IES Sanxillao de Lugo abrirá un ciclo de panadaría para formar...

O IES Sanxillao de Lugo abrirá un ciclo de panadaría para formar especialistas

Tamén se buscará "crear a primeira escola de música en rede da provincia, que tería unha sede aínda que fosen tres cunha en cada concello", di o delegado da Xunta na provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O IES Sanxillao contará cun novo ciclo de Formación Profesional (FP) en panadaría, unha formación que dá resposta á demanda do sector que lamentaba a falta de traballadores especializados.

Así o avanzou o delegado da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro, quen explicou que este ciclo se incorpora “dentro da actuación que se vai a facer nese instituto, sendo o primeiro ciclo de panadaría en Lugo“.

En concreto, o delegado da Xunta informou de que se está redactando o proxecto para a “ampliación” deste centro educativo, no que se fará un investimento de “1,7 millóns de euros”. “Prevese licitar as obras este ano e levalas adiante e unha vez que as obras estean listas este ciclo empezará a funcionar”, manifestou.

Na súa intervención, Balseiro lembrou que mantivo unha reunión cos representantes do sector da panadaría na provincia, tras a que se acordou que “ese ciclo se vai a instalar en Lugo”. A licitación de ampliación do Sanxillao producirase “no verán”.

Ademais, destacou o “compromiso da Xunta” cos concellos de Rábade, de Begonte e co de Outero de Rei, para implantar a Escola de Música, que agora comparten este tres localidades.

O que se persegue é “crear a primeira escola de música en rede da provincia, que tería unha sede aínda que fosen tres cunha en cada concello”. “A Xunta de Galicia fará un investimento de 360.000 euros, 120.000 euros en cada municipio e a idea é en dúas anualidades, en 2020 e 2021. Hai máis de 300 persoas que se forman neste tres escolas”, pormenorizou.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...