InicioEconomíaA Confederación de Empresarios de Lugo considera "precipitado" e "pouco concreto" o...

A Confederación de Empresarios de Lugo considera “precipitado” e “pouco concreto” o proceso de control horario

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Lourdes Pardo, cualificou de “precipitado” e de “pouco concreto” o control de horarios nas empresas, decretado polo Goberno central desde o pasado domingo.

Foi demasiado precipitado e moi pouco concreto, e, de feito, onte o ministerio ditou pola tarde, ás carreiras e correndo, unha serie de recomendacións, porque a avalancha e as dúbidas xeradas entre o empresariado eran tremendas”, dixo a secretaria.

En canto ás empresas de Lugo, Lourdes Pardo constatou que a aplicación se está producindo “con grandes dúbidas”. “Estamos todo o día resolvendo dúbidas, estamos todo o día resolvendo consultas sobre que pasa cos traballadores desprazados, cos traballadores de reparación de electrodomésticos en domicilios, os transportistas, os taxistas, é que está a xerar unha chea de dúbidas”, resumiu.

A confederación, dixo, asinou un convenio cunha empresa que, consideran, facilitará “o poder fichar a través de ordenadores, de móbiles”, pero “hai moitas empresas que non poden facelo así e fano en papel para cumprir as súas obrigacións”, matizou.

Lourdes Pardo confesa que isto “foi unha tolemia”. “A min cónstame que todo o mundo este luns, da forma que fose, implantouno con papel e xerouse moita inquietude polas dúbidas que expón. Onte ditouse unha circular de seis páxinas para aclarar un precepto do estatuto dos traballadores dun só parágrafo. Iso non parece que sexa moi serio”, afeou.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...

Morre unha muller atropelada por un tren nun paso a nivel en Rábade

Unha muller faleceu este martes pola noite tras ser atropelada nun paso a nivel en...

O BNG denuncia a falta de pediatra no centro de saúde de Becerreá e a Xunta di que a praza estará cuberta en xullo

A deputada do BNG Olalla Rodil mantivo un encontro con veciños do municipio lucense de Becerreá para valorar...

Piden cinco anos para o home que atropelou un motorista en Lugo que morreu polo impacto

O Xulgado do Penal número 2 de Lugo quedou pequeno este mércores para acoller...