InicioDeportesA exhibición coral do Barça pode cun competitivo Breogán (75-92)

A exhibición coral do Barça pode cun competitivo Breogán (75-92)

Os lucenses comezaron con ritmo alto e anotación (7-0), pero as triplas do Barça no segundo cuarto e o seu poderío colectivo no terceiro cuarto permitíronlle acadar unha máxima vantaxe de 25 puntos, reducida ao final pola dirección de Christian Díaz e o acerto de Ray McCallum e Alec Brown

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán perdeu contra o Fútbol Club Barcelona Lassa (75-92) na vixésimo sétima xornada da Liga Endesa. Os lucenses son decimosétimos, en posto de descenso, con oito vitorias, as mesmas que o decimosexto, que se salvaría. O Breogán non puido contar Aleksandar Cvetkovic´e Salva Arco por problemas físicos.

Os breoganistas comezaron con ritmo alto e anotación cun parcial inicial favorable (7-0) con 5 puntos de Lucio Redivo. Asi a todo, a defensa, a anotación e a circulación de balón do Barça fíxolle remontar (11-12). Nos dous últimos minutos e medio do primeiro cuarto, debutou Daniel Ochefu, que anotou os seus dous primeiros tiros. Cun 21-15 remataba o primeiro parcial.

No segundo cuarto, o Barça, coas triplas, puxo terra de por medio anotando 31 puntos e chegando ao descanso con 10 triplas. Así, chegábase ao descanso con 38-46.

No terceiro cuarto, o Barça acadou unha máxima vantaxe de 25 puntos. O Breogán, coa dirección de Christian Díaz e o acerto de Alec Brown reduciu a 12 puntos en dúas ocasións a falta de dous minutos e medio, pero dúas canastras de Jaka Blazic sentenciaron un partido moi encarrilado polo Barça dende os primeiros compases do terceiro cuarto.

O máximo anotador breoganista foi Ray McCallum, con 12 puntos, seguido por Alec Brown e Christian Díaz, con 11. Por parte do Barça, o seu máxima anotador foi Chris Singleton, con 18 puntos.

Antes do partido, realizouse un minuto de silencia en memoria de Jesús Lence, ex presidente do Breogán entre 2004 e 2006 e máximo accionista do club.

No descanso, homenaxeouse a Juan Carlos Navarro, ex xogador do Barça de raíces lucenses e que visita Lugo con frecuencia.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco será o pregoeiro da XXIX Festa do Queixo de San Simón

Vilalba acolle esta fin de semana unha nova edición, e xa van vinte e...

Ofertan 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía do sector da alimentación de Lugo

Adecco publicou este mércores unha oferta de emprego de 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía...

Dous cabalos soltos en pleno centro de Lugo

A Policía Local de Lugo informou de que, o pasado 28 de marzo, localizou na Avenida...

Ferido un neno despois de ser atropelado en Baralla ao baixar do autobús escolar

Un neno resultou ferido este xoves ao sufrir un atropelo en Baralla. Segundo informou...