InicioDeportesO pivote Daniel Ochefu reforza ao Breogán

O pivote Daniel Ochefu reforza ao Breogán

O novo xogador breoganista xogou 19 partidos na NBA cos Washington Wizards na tempada 2016-2017

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pivote estadounidense con pasaporte nixeriano Daniel Ochefu, de 2.11 metros de estatura e 25 anos, é novo xogador do Cafés Candelas Breogán. Procede de Stockton Kings, equipo vinculado a Sacramento Kings na NBA D-League, onde promediou 14.3 puntos, 8.9 rebotes, 2.3 asistencias e 1.1 tapóns por partido.

Daniel Ochefu xogou na NBA, concretamente nos Washington Wizards na tempada 2016-2017 cunha media de 1.3 puntos e 1.2 rebotes en 3.9 minutos por partido nos 19 encontros disputados.

Foi campión da NCAA en 2016 coa Universidade de Vilanova.

O xogador non ocupará praza de extracomunitario e si de cotonou.

 

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...