InicioDeportesRay McCallum: "Vou tentar marcar a diferenza"

Ray McCallum: “Vou tentar marcar a diferenza”

O novo base do Cafés Candelas Breogán asegurou que é "unha oportunidade moi boa" para el, mentres que Tito Díaz, o seu novo primeiro adestrador, comentou que "é o xogador que encaixa", "un base moi completo" e viuno "moi animado, moi predisposto"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ray McCallum, novo base de Cafés Candelas Breogán, afirmou que chega a un equipo no que vai “tentar marcar a diferenza” e “unha oportunidade moi boa” para el. “Cando falei co adestrador, quedoume claro que teño que ser un verdadeiro base”, declarou. “Son atlético, con capacidade para defender e atacar segundo requira o equipo”, describiuse, non sen antes engadir que atópase “fresco” e “preparado” para competir xa. Dixo que o Breogán é un “club con moita historia” e coñece persoalmente a Alec Brown.

Tito Díaz, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, explicou que falou con Ray McCallum e viuno “moi animado, moi predisposto”. “Teño informes moi positivos de el a nivel persoal e profesional”, comentou. Engadiu que “é un xogador que encaixa”, “un base moi completo” e están “moi ledos” pola súa fichaxe.

Por outra banda, Tito Díaz adiantou que “Christian Díaz e Alec Brown están perfectos”, mentres “Henk Norel segue o seu proceso, que vai lento”.

O primeiro técnico breoganista lembrou que deben “dar un paso adiante en defensa”.

Suso Lázare, presidente do Breogán, aclarou que cada movemento esta tempada foi e será “sempre dentro” das “posibilidades económicas” do club.

ÚLTIMAS

Ferido o condutor dun tractor tras caer por un desnivel nunha zona forestal de Becerreá

Un home resultou ferido este mércores tras unha caída desde un tractor, que acabou...

Investigados catro homes por roubar 250 metros de cable telefónico en Quiroga

A Garda Civil de Lugo investiga a catro veciños de Ponteareas como presuntos autores...

O PP de Lugo denuncia un “estado total de abandono” do Museo Interactivo de Historia

O Partido Popular de Lugo acusou ao Goberno local de ter "nun estado total...

Preestrea do filme ‘Sirat’ de Óliver Laxe en Navia de Suarna este domingo

O director galego Oliver Laxe preestreará a súa nova película 'Sirat' este próximo domingo,...