InicioDeportesLugo contará cun rocódromo que será unha "referencia" para a escalada en...

Lugo contará cun rocódromo que será unha “referencia” para a escalada en España

Agardase que as instalacións estean terminadas en agosto e listas para o inicio da tempada, en setembro. A obra está sufragada polo Concello, a Deputación e a Xunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, visitaron este luns o Pazo de Feiras e Congresos, onde este ano comezará a construción dun rocódromo que será unha “referencia en España” para as persoas que practican este deporte.

En declaracións aos medios de comunicación, foi o propio Lete Lasa quen cualificou esta obra, como “de referencia para a escalada en Galicia” e mesmo en España, porque só existen outras instalacións similares ás que se van a construír en Lugo na zona dos Pireneos.

Precisou que será unha dotación “compatible co recinto feiral”, en cuxa instalación se investirán 387.200 euros, financiados polo Concello de Lugo, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia.

“É unha actuación importante desde o punto de vista deportivo”, engadiu, porque permitirá darlle servizo “a unhas 5.000 licenzas federativas” e servirá para preparar a deportistas que poderían competir nas olimpíadas de 2020, dado que esta modalidade será entón olímpica.

Lembrou que estamos ante unha modalidade deportiva que aínda é “minoritaria”, pero tamén que está “en auxe”, de modo que a posibilidade de contar cunhas instalacións de “referencia en España” é “unha grandísima noticia para o deporte galego”.A obra será licitada en breve, co obxectivo de que estas instalacións estean terminadas en agosto e listas para o inicio da tempada, en setembro.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...