InicioDeportesMiguel Vieira rescata un punto en Oviedo (1-1)

Miguel Vieira rescata un punto en Oviedo (1-1)

O central portugués marcou o seu primeiro gol da tempada ao cabecear un saque de esquina de Juan Muñiz nun Lugo dominado dende o comezo, pero que creou até tres ocasións relativamente claras de gol

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo empatou na súa visita ao Real Oviedo (1-1).

Os oviedistas foron claramente superiores na primeira metade. No minuto dez, Juan Carlos Martín, porteiro do Lugo, parou un un para un contra Yoel Bárcenas. O Oviedo dominou a práctica totalidade da primeira metade. Pese a iso, no minuto 27, os lucenses puideron adiantarse despois dun saque en longo do propio Juan Carlos Martín, xogada individual notable de Toni Martínez, que cede a Cristian Herrera, quen asistiu a José Carlos Lazo para o seu disparo lixeiramente cruzado. Catro minutos despois, Sergio Tejera marcou para o Oviedo cun zurdazo dende a media lúa da área grande. O seu disparo toca en Miguel Vieira e troca a dirección.

Na segunda metade, mesmo denominador: dominio do Oviedo até o treito final. No minuto 53, Toni Martínez recuperou un balón e o seu disparo foi desviado por Nereo Champagne, porteiro local. Un par de minutos despois, Fernando Seoane remataba alto ao borde da área. Alberto Monteagudo introducía a Manu Barreiro e Juan Muñiz por Toni Martínez e Cristian Herrera. No ecuador da segunda metade, Juan Carlos despexaba un contragolpe veloz do Oviedo. O Lugo cometía excesivos erros na tenencia do balón. Os oviedistas puideron marcar o segundo nun cabezazo de Christian Fernández Bolaño no minuto 80 e nunha xogada individual de Omar Ramos parou Juan Carlos no man a man no minuto 88. O Lugo mellorou dende aí. Juan Muñiz disparou unha falta directa que desviou Champagne e empatou cun cabezazo de Miguel Viera na xogada seguinte nun saque de esquina botado por Muñiz no minuto 90.

Os lucenses son decimoitavos con 28 puntos. Na vindeira xornada, sumarán tres puntos pola vitoria administrativa ante o Reus Deportiu, expulsado de La Liga.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...