InicioDeportesO BNG promete trasladar o campo do Lugo e a cancha do...

O BNG promete trasladar o campo do Lugo e a cancha do Breo dentro da cidade amurallada

PUBLICADA O

- Advertisement -

O candidato á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, anunciaba este venres que acababa de pechar un acordo esta semana co presidente da Asociación Lugo Monumental, Luis Latorre, para incorporalo na súa candidatura despois dun traballo de meses para poder confluír nunhas liñas programáticas. “Tivemos que ser moi aperturistas nalgúns puntos, pero entendemos que é polo ben de Lugo, e estou totalmente convencido de que Luis será un magnífico concelleiro dentro do equipo de goberno que xa estamos conformando”, suliñaba nun comunicado.

A noticia chamou poderosamente a atención tendo en conta que Latorre está lonxe das teses nacionalistas. Con todo, a explicación está en que este venres é día 28 de novembre e, polo tanto, Día dos Santos Inocentes.

Ademais, na lectura do comunicado xa aparecían algúns anuncios imposibles de cumplir como “dinamizar o centro de Lugo” coa creación dun novo estadio para o CD Lugo entre Murallas. “Posiblemente nos terreos que se atopan entre a rúa do Progreso e a propia Muralla, evitando así tamén o frío que se pasa ao carón do Miño no Anxo Carro, ademais permitirá que haxa unha zona especial de graderío para poder ver a segunda división dende o propio patrimonio da humanidade, algo único no mundo”, recollía o comunicado.

Pero non só o Lugo tería presenza na zona histórica, senón que tamén o CB Breogán “o pavillón que se atopa xunto á Deputación, o coñecido popularmente como pavillón da OJE pasará a ser arranxado, e a nosa idea é cedelo para os adestramentos do Breogán, a cambio de que calquera persoa poida xogar algún 3×3 contra os xogadores do Breo nunha pista de basket que colocaremos en San Marcos”.

Neste programa tamén houbo apuntamentos para dinamizar o entorno do Miño “para o noso río temos dous proxectos que van ser espectaculares, por un lado un curso de vela, co fin de poder sacar en Lugo algún deportista que poida chegar incluso á Sailing World Cup e por outra banda a instalación dun pequeno submarino específico para río nos puntos de máis calado que permita atraer turismo e ensinarlle o mexillón de río ou as diferentes algas fluviais que temos na nosa cidade”. Podes ler todo o comunicado do BNG aquí.

ÚLTIMAS

Besteiro asegura que Rueda non ten para as comunidades enerxéticas a “celeridade” que si “ten con Altri”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou o presidente da Xunta,...

A chuvia provoca que se adiante ao sábado os actos polo 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo comunicou que adiantará para este venres a festa de celebración...

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...