InicioDeportesSerio Lugo que xerou ocasións e xogou 52 minutos cun futbolista menos...

Serio Lugo que xerou ocasións e xogou 52 minutos cun futbolista menos (1-1)

O quinto gol en Liga de Cristian Herrera, catro nas últimas catro xornadas, supuxo un punto despois do golazo inicial do coruñés Juan Carlos Real, mediapunta da U.D. Almería. Os lucenses sofreron a expulsión de Luis Ruiz no minuto 36

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo sumou un empate en Almería (1-1). Os lucenses dominaron o balón no treito inicial. Así a todo, o coruñés Juan Carlos Real, ex do Dépor, abría o marcador no minuto 7 despois dun disparo dende fóra do área tras zafarse de Fernando Seoane e que entrou por preto da escadra esquerda de Juan Carlos Martín. O Lugo respondeu cun disparo ao pau de Dani Escriche despois dunha deixada de Cristian Herrera. No minuto 19, empataba o Lugo merced a un gol de penalti de Cristian Herreira, o seu quinto en Liga e seis sumando un tanto en Copa, ao enganar ao porteiro. Herrera leva asinados tres goles de penalti nos recentes catro partidos ligueiros, ademáis dun cuarto en xogada.

No minuto 36, Luis Ruiz foi expulsado nun duelo aéreo despois de recibir a segunda cartulina amarela. Dende aí, o Lugo sofreu, pero foi sólido a nivel defensivo.

No comezo da segunda metade, Esteban Saveljich cabeceuou ao longueiro un saque de esquina botado por Juan Carlos Real. No treito final, Juan Narváez fallou unha clara ocasión a bocaxarro. No minuto 87, o local Sekou Gassama foi expulsado por pelexarse con Miguel Vieira. 

Os lucenses suman 20 puntos.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...