InicioDeportesNatxo Lezkano, sobre o Real Madrid: "Sempre hai unha opción de gañarlles"

Natxo Lezkano, sobre o Real Madrid: “Sempre hai unha opción de gañarlles”

O primeiro adestrador breoganista comunicou que Volodymur Gerun e Emir Sulejmanovic non adestraron en toda a semana, así como confirmou a baixa de Ricardo Úriz

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, adestrador de Cafés Candelas Breogán, compareceu en rolda de prensa previa ao partido contra o Real Madrid este domingo 16 de decembro no Pazo dos Deportes de Lugo a partir das 17 horas na duodécima xornada da Liga Endesa.

Lezkano afirmou que “(Volodymyr) Gerun non adestrou en toda a semana e (Emir) Sulejmanovic tampouco”. Considera que Sulejmanovic, “se chega, chegará moi xusto”. “Confío en que poida chegar”, comentou sobre Gerun. Tamén confirmou a “baixa” de Ricardo Úriz. “Non chegamos a coller a normalidade polo tema das baixas, pero temos a xente de Estudiantes que nos está botando un cable”, explicou.

Sobre o mercado, respondeu que están “traballando moito” para que poida chegar “alguén cedo”, mais “non está sendo sinxelo”.

Lezkano declarou que as posibles renovacións de Jerome Jordan e Sergi Vidal, que rematan contrato o 31 de decembro, “vai depender, sobre todo, de factores económicos”.

Opinou que o Real Madrid, vindeiro rival, “probablemente sexa o mellor equipo de Europa agora mesmo”, cunha “rotación amplísima, todos de primeiro nivel” e “mantén sempre un bloque con respecto a anos anteriores”. “Cando xogas na mesma liga, sempre hai unha opción de gañarlles e imos agarrarnos a ela”, afirmou.

 

ÚLTIMAS

Detida unha muller en Lugo por presunta simulación de roubo con forza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha muller como presunta...

Unha pelexa nun after en Lugo mobiliza a varias unidades policiais

Dous mozos protagonizaron este xoves unha pelexa ante un local de after no centro...

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...