InicioDeportes(Vídeo) Jorge Prado, o vixente campión do mundo de motocross, volve demostrar...

(Vídeo) Jorge Prado, o vixente campión do mundo de motocross, volve demostrar a súa maxia en Lugo

Jorge Prado conseguiu levarse a vitoria despois de tocarse en pista co seu máximo rival, o vigués Rubén Fernández.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo acolleu este sábado a segunda proba do Campionato de España de Motocross, que se disputou no circuito Jorge Prado, onde ao mesmo tempo se realizou unha homenaxe ao piloto lucense vixente campión do mundo de MX1. Nunha xornada marcada polas inclemencias do tempo (as probas que se ían celebrar este domingo tiveron que concentrarse todas no sábado), onde o circuíto contaba con condicións cambiantes ante chaparróns que cesaban uns poucos minutos en cada mangaJorge Prado conseguiu levarse a vitoria en MX1 despois de tocarse en pista co seu máximo rival, o vigués Rubén Fernández. 

Os dous pilotos galegos non se gardaron nada e deron un verdadeiro espectáculo. E, aínda que saiu vitorioso o de GasGas na clasificación e no gran premio, o de Honda levouse a primeira manga. Con todo, Jorge Prado logrou remontar durante a segunda e desfacer o empate. Polo de agora, José Antonio Butrón, que onte finalizou cuarto, segue a ser o líder xeral do campionato, pero a partir do 8 de marzo, Jorge Prado e Rubén Fernández levarán a súa loita particular ao Mundial, que comeza en Arxentina, e no que Prado defenderá a súa actual posición como campión do mundo. 

Lugo converteuse así este sábado na festa do deporte de motor sobre dúas rodas, con cheo total do público. Nin sequera as intensas choivas e o tempo desapacible, que convertiron a contorna do circuito nun verdadeiro lamazal, foron quen de impedir que miles de persoas desfrutasen da velocidade, a altura e o gas. A maioría destacaban a altitude á que conseguían saltar os pilotos ao pasan polas rampas de terra, a pesares do desfeitas que estaban como consecuencia das choivas. Toda unha delicia para os asistentes, que vían como os seus pilotos preferidos sobrevoaban (literalmente) o ceo lucense.

ÚLTIMAS

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

María Reigosa rompe co PSOE no seu primeiro pleno tras a renuncia e vota co PP para esixir melloras nun barrio de Lugo

A edil do Concello de Lugo María Reigosa desmarcouse do Grupo Municipal Socialista e...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de...

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...