InicioDeportesO Cádiz C.F. remonta en Lugo un novo gol de Carlos Pita...

O Cádiz C.F. remonta en Lugo un novo gol de Carlos Pita (1-2)

O mediocentro coruñés anotou o seu cuarto gol nas últimas 6 xornadas, pero o Cádiz sumou os tres puntos tralos goles de Manu Vallejo e Jairo Izquierdo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo perdeu contra o Cádiz C.F. (1-2) na undécima xornada de La Liga 1|2|3.

Os lucenses adiantáronse no minuto 11 cun gol de penalti de Carlos Pita. É o cuarto gol de Pita nesta liga, os 4 nas últimas 6 xornadas. No minuto 18, o Cádiz igualaba cun golazo de Manu Vallejo despois dun control exquisito e regates ante Miguel Vieira e Eduard Campabadal antes de batir a Juan Carlos Martín de disparo raso.

Na segunda metade, o Cádiz buscou máis e mellor a portería rival. No minuto 86, atopou o froito do gol despois dun disparo á escadra de Jairo Izquierdo tras unha apertura de Álex Fernández tras xogada individual de Manu Vallejo.

 

 

ÚLTIMAS

Investigado un veciño de Guntín de 96 anos por ameazar con arma de fogueo a médicos que ían atender a unha familiar

Un veciño de Guntín, de 96 anos, está investigado, segundo informou a Garda Civil, como...

Detido en Vilalba por golpear cunha botella de cristal na cabeza a outro home

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Vilalba a un veciño de Lugo, de 47...

Iniciativas do PSdeG para reclamar un Plan de Rescate das pallozas do Piornedo

O Partido Socialista de Galicia presentará unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia...

Trasladan en helicóptero a un operario despois dunha caída nun parque eólico en Muras

Un operario resultou ferido este martes ao sufrir unha caída cando traballaba nun parque...