InicioDeportesUna nova lección maxistral de Carlos Pita aleda ao Club Deportivo Lugo...

Una nova lección maxistral de Carlos Pita aleda ao Club Deportivo Lugo (1-0)

Os lucenses suman 12 puntos despois do terceiro gol nesta tempada do mediocentro coruñés, os tres anotados nas últimas cinco xornadas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo sumou a súa terceira vitoria na Liga e o terceiro partido oficial sen encaixar gol ao vencer ao Gimnástic de Tarragona (1-0) cun novo golazo de Carlos Pita, terceiro en cinco xornadas. Os lucenses contabilizan 12 puntos arestora. Pita, ao marxe do gol, foi novamente o principal creador de xogo dos albivermellos.

Os lucenses dominaron o balón na primeira metade, pero sen apenas ocasións. No minuto 24, opción de Carlos Pita despois dunha xogada de José Carlos Lazo. Á media hora, o Nàstic, que apenas xogou en campo contrario na primeira parte, tivo unha clarísima opción despois dunha incursión de Abraham Minero, que supera a dous rivais, centra e Manu del Moral remata cun fermoso taconazo, pero Juan Carlos Martín desviou con axilidade e reflexos. Cinco minutos despois, avisou Vasyl Kravets cunha falta directa que non colleu portería. No minuto 41, o gol. Xogada de Lazo, que abre a Kravets centra e, tras un rexeite, volea de Carlos Pita a gol para marcar o 1-0 no seu terceiro gol da temporada, os tres nas últimas cinco xornadas. Tres minutos despois, Manu del Moral buscou a igualada, pero Miguel Vieira, moi atento ao corte en todo o partido, detivo a opción.

No descanso, Javi López, tal e como anunciou despois en rolda de prensa, dosificou a Sergio Gil e incorporou a Giorgi Aburjania. O Lugo seguiu dominando e tivo ocasións para ampliar a diferenza. Por exemplo, Iriome disparou ao pau despois dunha xogada individual e zurdazo colocado. Intres despois, Kravets bota unha falta directa, o balón tócao levemente un xogador visitante e Becerra enviou a saque de esquina. O Nàstic comezou a crear con Javi Márquez como organizador e Manu Barreiro en punta de ataque, ambos entrando dende o banco. Mediada a segunda metade, Pita volvía avisar cun disparo dende fóra do área excesivamente alto. Barreiro respondía cun cabezazo fóra en plancha despois dun centro de Javi Márquez dende banda esquerda. No minuto 79, a mellor opción do Nàstic cun centro de Omar Perdomo dende banda dereita e Manu del Moral remataba cruzado levemente desviado dos tres paus. No minuto 85, balón ao espazo de Antonio Campillo para Aburjania, que regatea a Isaac Becerra, cede atrás e Dani Escriche disparou alto. Un cabezazo alto de Raúl Albentosa despois dun saque de esquina no minuto 91 puido dar o empate para os tarraconenses, pero o Lugo asinou o seu terceiro partido consecutivo sen encaixar gol e suma xa 12 puntos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

A Vicepresidencia da Deputación organiza unha proxección de videoclips finalistas nos Mestre Mateo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reunirá a artistas e equipos de realización e...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...