InicioDeportesCondenado o rexedor de Pol por agredir a un mozo durante un...

Condenado o rexedor de Pol por agredir a un mozo durante un partido de fútbol

Lino Rodríguez di que non recorrerá a decisión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

alcalde de Pol, o socialista Lino Rodríguez, foi condenado polo Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo, por agredir a un mozo durante un partido de fútbol no municipio. A pena, tras acharlle culpable dun delito de lesións leves, é dunha multa de 540 euros e unha indemnización para o mozo de 120 euros.

Os feitos xulgados o pasado mes de setembro remóntanse ao pasado 8 de maio, durante o partido de fútbol entre o Pol e o Portomarín, onde ambos os equipos se xogaban o ascenso a Rexional Preferente. O agredido, Brais Rodríguez, é afeccionado do Portomarín e acudiu a Pol xunto cuns amigos, subíndose a unha especie de plataforma para animar ao seu equipo usando un bombo.

O alcalde reprochoulle esta actuación e, tras unha advertencia previa na que o rexedor lle pediu que se baixase da estrutura na que estaba co bombo, produciuse unha lea.

O REXEDOR NON RECORRERÁ

No seu día, Brais Rodríguez relatou que o rexedor colleuno polo pescozo e ameazouno. Este admitiu que o agarrou pola cinta do bombo para facer que se desprazase, pero negou calquera agresión.

Agora o xulgado condénao por lesións leves e o rexedor avanzou que non recorrerá, á vez que defende que el se limitou a acutar como “autoridade” para desautorizar a actitude dos afeccionados do Portomarín.

AGREDIDO

O afeccionado do Club Deportivo Portomarín Brais Rodríguez agredido polo alcalde  sinalou que a sentenza por lesións leves “parécelle xusta” e que quería era “que se demostrase que dicía a verdade porque el negaba todo” polo que o diñeiro “era o que menos lle importaba”. “Ningún personaxe público ou calquera outra persoa debería de ter esa reacción por ningún motivo”, dixo.

PP PIDE MEDIDAS: “NON ESTÁ Á ALTURA DO CARGO”

Por outra banda, o PP de Pol instou aos socialistas a tomar “as medidas oportunas” tras coñecerse a condena ao alcalde do municipio, xa que consideran que “non está á altura do seu cargo” e mostran o seu rexeitamento ante a “actitude altiva” de Lino Rodríguez que se menciona na propia sentenza. Ademais, recalcaron que este tipo de comportamentos “son habituais no rexedor municipal”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...