InicioDeportesAndrés Pereiro, a nova promesa do tenis lucense

Andrés Pereiro, a nova promesa do tenis lucense

O tenista de 14 anos vén de acadar o campionato galego en categoría infantil individual e dobres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, recibiu este venres á promesa do tenis lucense Andrés Pereiro no seu despacho do Pazo de San Marcos. O deportista do club Tenis As Termas, de 14 anos e nado en Lugo, vén de acadar o campionato galego en categoría infantil individual e dobres.

O título autonómico habilita a Pereiro para competir no Nacional, que se celebrará en Logroño no vindeiro mes de xullo e tamén acadou estes días o pase para as semifinais do Rafa Nadal Tour.

“É un orgullo ver que hai futuro para os nenos e nenas que queren dedicarse ao deporte na nosa provincia”, dixo o Presidente, que felicitou a Pereiro polos seus éxitos deportivos e desexoulle o mellor para as vindeiras competicións.

O apoio ao deporte é unha das liñas de traballo destacadas da Deputación de Lugo, explicou o Presidente, “polos valores sociais tan importantes que promove, fundamentais para o progreso dunha sociedade, como son o esforzo, a constancia, o compañeirismo e o respecto aos demais”, pero tamén pola súa capacidade “para a promoción do territorio e do turismo”.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...