InicioDeportesOs equipos lucenses da Terceira División non se libran da suspensión de...

Os equipos lucenses da Terceira División non se libran da suspensión de partidos pola Covid-19

Tanto o Vilalbés coma o Polvorín contan cun partido menos contra o Fabril e o Noia respectivamente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A nova onda de contaxios polo Covid que está a afectar a España non tardou en causar estragos no deporte profesional e non profesional. No mundo do fútbol, os casos positivos confirmados sucédense a diario, o que implica que as Federacións teñan que estar moi atentas para resolver con acerto este tipo de acontecementos.

En Galicia, na Terceira RFEF, a Federación Galega de Fútbol xa tivo que suspender moitos encontros por esta cincunstancia. Isto provoca a desigualdade que hai na actualidade na clasificación xa que os diversos conxuntos da categoría non teñen os mesmos partidos xogados.

A pesar dos innumerables partidos adiados, a Terceira División continúa disputándose con “normalidade” e a Federación Galega de Fútbol ten a complicada misión de recolocar os diferentes partidos.

SUR DE PONTEVEDRA

O equipo máis castigado é o SD Xuvenil Ponteareas con catro partidos suspendidos. O equipo pontevedrés leva máis dun mes sen competir xa que o último partido que disputou foi contra o Arnoia o pasado 12 de decembro. Os encontros que ten pendentes son contra o Rápido de Bouzas, o Estradense, o Silva e o Arzúa.

Mentras tanto o Choco e o Alondras tan só contan cun partido suspendido. O primeiro deles ten que xogar contra o Viveiro en Cantarrana mentras que o segundo ten que visitar o campo de Arnoia. Por último, o Rápido de Bouzas ten adiados dous partidos contra o Sofán no Baltasar Pujales e contra o Xuvenil Ponteareas.

LUGO

Os conxuntos da provincia de Lugo tamén se viron involucrados na suspensión de partidos na Terceira RFEF. O Viveiro conta con dous partidos menos, contra o Ourense e o Choco; o Vilalbés só ten adiado un partido contra o Deportivo Fabril; e o Polvorín ten pendente o seu partido contra o Noia.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...