InicioDeportesRemontada dun vendaval chamado Club Deportivo Lugo (3-2)

Remontada dun vendaval chamado Club Deportivo Lugo (3-2)

Os lucenses remontan un 0-2 adverso con goles de Iriome, Antonio Campillo e Giorgi Aburjania

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo sumou a súa primeira vitoria da tempada ao remontar ao Club Deportivo Numancia (3-2) con tres goles na segunda metade de Iriome González, Antonio Campillo e Giorgi Aburjania, éste no minuto 95.

O Lugo comezou coa novidade de Jean Marie Dongou como titular na mediapunta por detrás de Jona Mejía. O partido comezou con clara ida e volta, con excesivos espazos no mediocampo. Iriome impúxose claramente por banda dereita dende o comezo. De tódolos xeitos, era o Numancia o que creaba a primeira ocasión no minuto 3 nunha falta indirecta botada por Unai Medina e rematada fóra por Marc Mateu cun cabezazo alto. O Lugo amosou falta de contundencia defensiva durante a primeira metade. Tres minutos despois, Vasyl Kravets centraba dende banda esquerda e Serge Leuko remataba fóra despois dunha combinación fermosa entre Carlos Pita, Antonio Campillo e Kravets. Segundos despois, centro perigoso de Iriome sen rematador. Dous minutos despois, era novamente o extremo tinerfeño o que creaba perigo. Ao cuarto de hora, Dongou realiza unha maniobra dentro do área tras un saque de banda e o seu centro non é rematado por Campillo en boca de gol. No minuto 21, centro de Kravets e testarazo excesivamente cruzado de Jona Mejía. Catro minutos despois, disparo de falta directa de Kravets que despexa a barreira do Numancia. No treito final da primeira metade, os dous goles do Numancia. No minuto 38, erro defensivo lucense nunha falta indirecta numantina con centro de Alain Oyarzun e remate a bocaxarro a gol no segundo pau de Pichu Atienza. Segundos despois, o 0-2 nun golazo chegando dende atrás do propio Oyarzun despois dun pase de Fran Villalba. Ao borde do descanso, disparo de Kravets que despexa a zaga visitante.

Na segunda metade, vendaval do Lugo. No primeiro minuto, internada con perigo de Iriome que despexa a defensa do Numancia. No minuto 49, chegaba o 1-2 cun cabezazo de Iriome despois dun centro de Kravets tras maniobra fermosa de Campillo. O tinerfeño marcaba entrando en diagonal no área e cabeceando con potencia e colocación. No minuto 53, o Numancia tivo unha clara ocasión cun disparo ao pau de Pablo Larrea despois dun saque de esquina de Oyarzun. Un minuto despois, novo centro de Kravets e cabecea excesivamente cruzado o dianteiro Jona. Segundos despois, disparo lonxano fóra de Campillo despois de que Carlos Pita sacase rápido unha falta no mediocampo. No minuto 63, media volta de Campillo dentro do área que remata alta. No minuto 66, chegaba o 2-2 nun centro de Carlos Pita e Campillo, só no área, tocaba de xeito exquisito coa súa perna esquerda para cruzar o balón ante Juan Carlos Sánchez. Catro minutos despois, o porteiro numantino paraba un remata a bocaxarro de Bernardo Cruz no primeiro pau. Así se chegaba aos compases finais. No minuto 89, centro de Iriome sen remate. No 90, erro na saída de balón do Lugo, Guillermo, dianteiro do Numancia, dispara e o Lugo despexa a saque de esquina. No minuto 93, xogada individual do numantino Nacho e Juan Carlos Martín, porteiro local, bloca na súa saída. E no 95, a guinda co 3-2 para o Lugo e remontada albivermella: Dani Escriche realiza un cano, abre cara José Carlos Lazo, que dispara, Juan Carlos Sánchez despexa levemente e Giorgi Aburjania, chegando dende atrás, marca o 3-2 final para a primeira vitoria lucense na presente Liga.

ÚLTIMAS

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Ratifican sete meses de cárcere para unha nai de Lugo que impediu visitas ao seu fillo por parte dos avós

O Tribunal Supremo confirmou a condena a unha muller de Lugo por un delito...

Finalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...