InicioDeportesO lucense Roberto Trashorras comunica a súa retirada do fútbol

O lucense Roberto Trashorras comunica a súa retirada do fútbol

O xogador de Rábade debutou en Primeira División co Barça e competiu en 171 partidos en Primeira División, 170 deles co Rayo Vallecano

PUBLICADA O

Por
- Advertisement -

O mediapunta lucense Roberto Trashorras anunciou a súa retirada do fútbol profesional aos 37 anos. O xogador de Rábade estaba sen equipo despois de rescindir o seu contrato co Rayo Vallecano o pasado xaneiro. Debutou en Primeira División co Fútbol Club Barcelona en Riazor contra o R.C. Deportivo da Coruña o 6 de outubro de 2001. Esa mesma tempada, compite nun partido de Champions League e un de Copa do Rei co propio Barça. Formouse nas categorías inferiores do Racing Club Vilalbés e do Club Deportivo Lugo.

Trashorras competiu en 171 partidos en Primeira División co Rayo Vallecano entre 2011 e 2016. En Segunda División, defendeu as cores do C.D. Numancia (2005-2006), U.D. Las Palmas (2006-2008), Real Club Celta de Vigo (2008-2011) e no propio Rayo Vallecan (2016-2018).

Xogou nos filiais do Barça (1999-2003) e do Real Madrid (2003-2005).

É internacional español sub 20.

Poucos coma el trataron tan ben a pelota. Un embaixador do fútbol lucense. Por tanto talento e tantas clases de fútbol.

+ posts

ÚLTIMAS

Opinión: O Dereito Internacional fronte á situación en Venezuela

O Dereito Internacional como ferramenta de Paz O mundo vira xa dúas Guerras Mundiais con...

Cae unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo tras días de choivas intensas e este luns comezará a reparación

Unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo, situado na rúa do Moucho...

Carmela López destaca o labor do Museo Comarcal da Fonsagrada, recoñecido co Butelo de Ouro

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este domingo xunto ao Alcalde...

Entrega Premios Empresarias de Galicia 2026 a cinco empresarias

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este venres en Santiago de...