InicioDeportesFeridos o futbolista do CD Lugo Fernando Seoane e a súa familia...

Feridos o futbolista do CD Lugo Fernando Seoane e a súa familia nun accidente de tráfico

O Club Deportivo Lugo publicou unha mensaxe para mandar "todo o apoio" ao xogador e á súa familia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O futbolista do Club Deportivo Lugo Fernando Seoane, a súa muller e o seu tres fillos, menores de idade, resultaron feridos de carácter leve ao sufrir un accidente de tráfico na Avenida das Fontiñas da cidade.

Segundo información do 112 Galicia, o sinistro ocorreu sobre as 15,40 horas da tarde. Entón, un particular chamaba á central de emerxencias para alertar de que había un coche envorcado na mencionada rúa, en sentido subida, e que podía haber persoas atrapadas no interior.

Seguidamente, o 112 avisou do suceso á Policía Local e aos bombeiros. No momento en que estes últimos chegaron ao lugar, comprobaron que a familia xa estaba fóra do vehículo, polo que non tiveron que realizar labores de excarceración.

Tanto Fernando Seoane como a súa muller e os seus fillos foron trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para recibir atención médica. Posteriormente, a conta de Twitter do Club Deportivo Lugo publicou unha mensaxe para mandar “todo o apoio” ao xogador e á súa familia. “Nos primeiros momentos, as informacións indican que están fóra de perigo. Permaneceremos á espera, mentres se atopan recibindo atención médica”, engade o tuit.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...