InicioDeportesSergio Gil califica Lugo como a súa "segunda casa"

Sergio Gil califica Lugo como a súa “segunda casa”

O mediocentro do Club Deportivo Lugo subliña que o Granada C.F., vindeiro rival, "é un equipo sólido, reforzouse moi ben, chamado a estar arriba e a súa afección apreta moito"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sergio Gil, mediocentro do Club Deportivo Lugo, valorou a derrota na primeira xornada na casa contra o Málaga C.F. (1-2): “Dominamos en bastantes treitos do partido, competiuse ben, o equipo nunca baixa os brazos, faltounos un pouco de fortuna nalgunhas accións que tivemos, un sabor amargo“. Explicou que traballaran “durante a semana moi ben” e sabían “como ían vir eles”. Comentou que o segundo gol do Málaga “é difícil de defender” pola “superioridade física” do equipo adestrado por Juan Ramón López Muñiz. Gil loubou a presión defensiva dos dianteiros e dos extremos do Club Deportivo Lugo ao definila como “moi positiva”.

Analizou ao Granada C.F., vindeiro rival este domingo a partir das 20:30 horas no estadio Nuevo Los Cármenes: “Individualmente coñecemos a moitos xogadores, un equipo sólido, reforzouse ben, un equipo chamado a estar arriba, no seu campo a afección apreta moito“. Respondeu que a Fede Vico, ex xogador do Lugo as dúas pasadas tempadas e agora no Granada, “algunha broma lle caerá” e subliñou que lévanse “ben”con el.

Afirmou que o Club Deportivo Lugo, a nivel xeral, está a realizar “un bo traballo, a dinámica é boa e o grupo, cos novos que viñeron, é moi bo“. Considera que “é cuestión de traballar, de traballar e as cousas sairán soas”.

A nivel personal, respondeu que se atopa ” físicamente ben”. Sergio Gil remata contrato ao final desta tempada: “Dende o primeiro día, atopeime moi a gusto, puxéronme tódalas facilidades. Sempre dixen que é a miña segunda casa“.

 

 

ÚLTIMAS

O creador lucense Javier Ferreiro estrea ‘Mariliendre’, inspirada polas súas amigas

'Mariliendre', creada e dirixida polo lucense Javier Ferreiro e producida por Suma Content de...

A Deputación de Lugo triplica a contía das axudas ás Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses

A xunta de goberno da Deputación deu este venres luz verde a novos investimentos...

CC.OO. denuncia ante Inspección de Traballo que Monbus Urbanos en Lugo debe máis de 200.000 euros en horas extra

Comisiones Obreras (CCOO) denunciou ante a Inspección de Traballo á empresa Monbus Urbanos en Lugo,...

Unha condutora que case cuadriplicaba a taxa de alcol rebenta as dúas rodas contra o bordo da Rolda da Muralla

Un vehículo impactou contra o bordo da Rolda da Muralla, en Lugo, ao non...