InicioDeportesO C.V. Emevé ficha á colocadora búlgara Ivelina Avramova, con experiencia en...

O C.V. Emevé ficha á colocadora búlgara Ivelina Avramova, con experiencia en Superliga 1

PUBLICADA O

- Advertisement -

Club Voleibol Emevé Lugo anunciou a fichaxe da colocadora búlgara Ivelina Avramova, de 1.75 metros de estatura e 20 anos. Procede do Haro Rioja Voley, onde xogou a tempada pasada na Superliga 1, categoría na que vai competir o Emevé a vindeira campaña. Entre 2014 e 2017, defendeu as cores do Voley Playa Madrid, co que gañou a Copa de Madrid. Ivelina Avramova comezou a xogar ao voleibol aos 12 anos. Aos 14, chega a Madrid e ficha polo Club de Voleibol Angry Hornets de Colmenarejo. Un ano despois, é elixida como unha das mellores 14 xogadoras cadetes de Madrid. Con 16 anos, ficha polo Voley Playa Madrid.

Segundo o Emevé, é “un bo reforzo con experiencia na Liga Iberdrola” que lles fará “máis fortes”.

Hoxe en día, o Emevé conta en plantilla coa central Anllelivis Caballero, a receptora Lucía Prol, a líbero Eliana González, a colocadora Carmen Saá e a aposta Julia Paradela. 

O club lucense comezará a tempada o sábado 12 de outubro en Las Palmas contra IBSA CV CCO 7 Palmas.

 

ÚLTIMAS

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...

TSXG ratifica a condena a dous homes por traficar con drogas valoradas en máis de 18.000 euros

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...

Detidos tres homes nun operativo policial con 1,6 kg de droga e máis de 1.800 euros

A Policía Nacional desmantelou en Lugo dous puntos de preparación, corte e venda de...