InicioDeportesO Club Deportivo Lugo comezará a Liga recibindo ao Málaga C.F. e...

O Club Deportivo Lugo comezará a Liga recibindo ao Málaga C.F. e visitará o Wanda Metropolitano na cuarta xornada

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo comezará a Liga recibindo ao Málaga C.F., equipo descendido de Primeira División, no estadio Ángel Carro o fin de semana do domingo 19 de agosto. Na segunda xornada, o Lugo visitará ao Granada C.F., recibirá ao C.D. Numancia na terceira xornada e, xa na cuarta data no fin de semana do domingo nove de setembro, visitará o Wanda Metropolitano, estadio do Atlético de Madrid, para enfrontarse ao Rayo Majadahonda, que xogará nesa instalación mentres non rematen as obras de Cerro del Espino, o seu estadio.

O conxunto lucense visitará ao Real Club Deportivo da Coruña no estadio Abanca – Riazor na vixésima xornada na fin de semana do domingo seis de xaneiro. Recibirá ao Dépor no estadio Ángel Carro na trixésimo novena xornada o fin de semana do domingo 19 de maio.

Por último, rematará a Liga recibindo ao Gimnàstic de Tarragona na derradeira xornada.

ÚLTIMAS

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...

Lugo Monumental leva á UE a peonalización do centro: “Mala xestión, danos e máis de 100 comerciantes feridos”

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, expuxo, ante a Comisión de Peticións da...