InicioDeportesLugo prepárase para ser escenario da 14ª etapa da Volta Ciclista a...

Lugo prepárase para ser escenario da 14ª etapa da Volta Ciclista a España

Ademais de pola capital, a proba tamén pasará por Guntín, Monterroso, Antas, o Alto do Escairón e Monforte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A capital lucense acollerá mañá, mércores 4 de novembro, o inicio da decimocuarta etapa da Volta Ciclista a España 2020. O tramo previsto, de algo máis de 200 quilómetros, percorrerá Lugo, probará un anaco de Pontevedra e rematará en Ourense.

Os ciclistas sairán de Lugo cara a Guntín, Monterroso e Antas de Ulla. Cambiarán de provincia para dirixirse ata Agolada, Lalín e Rodeiro, e logo volverán a terreos lucenses, onde pasarán por Chantada, subirán ao Alto de Escairón e irán ata Monforte de Lemos. Finalmente poñerán rumbo á capital ourensá, fin da etapa.

Perfil da 14ª etapa de La Vuelta 2020, con saída en Lugo | La Vuelta

RÚAS CORTADAS

Por mor deste acontecemento, o Concello de Lugo estableceu un plan de tráfico específico para ordenar a circulación na cidade ante os cortes de rúas.

A proba pasará pola Avenida de Madrid (rúa das Artes-Fonte do Rei), a Fonte do Rei, Avenida de Ramón Ferreiro, Avenida Ángel López Pérez, a praza da Constitución, a Ronda da Muralla (ata a praza de Bispo Odoario), a rúa Germán Alonso, a Fonte dos Ranchos e a Avenida das Américas. O final do tramo urbano conecta coa LU-540).

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...