InicioDeportesJuan Peón é o novo adestrador do Racing Villalbés

Juan Peón é o novo adestrador do Racing Villalbés

PUBLICADA O

- Advertisement -

Juan Peón é o novo adestrador do Racing Villalbés e substitúe a Óscar Gilsanz, que adestrou ao equipo chairego nas últimas catro tempadas. Peón procede da S.D. Outeiro de Rei, de Preferente Norte, onde adestrou as últimas dúas campañas conseguindo o ascenso de Primeira Autonómica a Preferente en 2017. O técnico de Rábade traballou nas categorías inferiores do Villalbés entre 2000 e 2002. Peón gañou a Copa Deputación coa S.D. Outeiro de Rei en A Madalena de Vilalba, o seu futuro estadio, o domingo 24 de xuño deste 2018.

O Villabés rematou terceiro no grupo galego de Terceira División chegando ás semifinais polo ascenso a Segunda División B.

Juan Peón foi segundo adestrador de Club Deportivo Lugo na tempada 2003-2004 e despois duns meses de parón volveu en 2004 até 2015 ininterrumpidamente conseguindo o ascenso a Segunda B en 2006, o campionato de Liga de Segunda B en 2011, o ascenso a Segunda en 2012 e tres permanencias en Segunda entre 2012 e 2015.

Antes, adestrou ao C.D. Corgo (2002-2003), na canteira do Villalbés (2000-2002), á S.D. Pol (1996-1998) e S.D. Pastoricense (1992-1994).

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...