InicioDeportesUn lucense, quince veces campión de España de loita, estará nos preolímpicos...

Un lucense, quince veces campión de España de loita, estará nos preolímpicos de Tokio

PUBLICADA O

- Advertisement -

O policía nacional José Cuba Vázquez -natural do municipio de Vilalba-, que presta servizo na Comisaría Provincial de Lugo, concretamente na Brigada Provincial de Seguridade Cidadá, é un dos deportistas que foron seleccionados pola Federación Española de Loita para participar na fase preolímpica de face a representar a España nos Xogos Olímpicos de Tokio, en 2020.

“Cuba”, como é coñecido na Comisaría, atesoura un currículo moi amplo, “xa que se adica á práctica de Loita Libre Olímpica desde hai 20 anos, obtendo diversos e importantes resultados, tanto a nivel nacional como internacional”, destacou o Corpo Nacional de Policía mediante un comunicado.

De feito, foi membro do equipo nacional de loita libre olímpica na categoría pesada desde o ano 2002 e formou parte dos equipos preolímpicos de Atenas 2004, Beijing 2008, Londres 2012, Río 2016 e agora de Tokio 2020?.

No ámbito nacional, “foi 15 veces campión de España absoluto e unha júnior” e desde o 2002 até a actualidade gañou en todas as edicións do Campionato de España que disputou, perdéndose por lesión as edicións dos anos 2009, 2013 e 2016.

“Isto fai que actualmente sexa o loitador español con máis títulos de campión de España senior ou absoluto na modalidade de libre olímpica”, engade, mentres que no ámbito internacional ha disputado “máis de 70 competicións co equipo nacional e foi o primeiro loitador español que conseguiu gañar unha medalla de ouro nun torneo internacional en Rusia”.

O loitador lucense competiu en sete campionatos de Europa e outros tantos do mundo.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...