InicioDeportesO C.D. Lugo B, campión absoluto de Preferente

O C.D. Lugo B, campión absoluto de Preferente

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo B proclamouse campión absoluto de Preferente despois de superar nos penaltis (5-4) á Unión Deportiva Ourense, campioa de Preferente Sur. A final, a partido único, disputouse no campo de A Pinguela, en Monforte de Lemos (Lugo).

No tempo regulamentario, o Lugo B adiantouse grazas a un gol de Javi Rey no minuto 40 cun disparo á escadra. Antes, a U.D. Ourense contou cunha ocasión de Joni que golpeou o traveseiro de Javi Liz, portero do filial lucense. Con 0-1 chegouse ao descanso. Xa na segunda metade, Isma Martínez, ex xogador do Lugo, marcaba o empate a un no minuto 57 despois dunha vaselina sobre Liz. Catro minutos despois, o filial albivermello quedaba cun xogador menos pola expulsión do canteirán Pedro López. Os ourensáns tiveron ocasións para marcar o 2-1, pero non tiveron precisión nas definicións. Nos penaltis, unha parada de Javi Liz a disparo de Alfredo, xogador da U.D. Ourense, supuxo, á postre, a vitoria do Club Deportivo Lugo B.

Os albivermellos acadaron o ascenso a Terceira División na penúltima xornada despois de gañar 1-2 en Outeiro de Rei.

Foto das canles oficiais de Club Deportivo Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home que deambulaba alterado cun coitelo con restos de sangue

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer o sucedido tras a...

Cortes durante case dúas semanas un tramo da estrada LU-P-2604 entre Xove e Valcarría

A Deputación de Lugo informou de que desde este luns, 7 de setembro, e...

A Deputación aproba case 400.000 euros para O Incio, A Ribeira de Piquín e o seu parque móbil

A Deputación de Lugo aprobou novos investimentos por preto de 400.000 euros destinados a...

Licitada a construción de 168 vivendas públicas en Lugo por case 30 millóns, destinadas á compra

A Xunta sacou este venres a licitación por 29,6 millóns de euros as obras...