InicioDeportesO Breogán trae o internacional Rooper Ahonen ao Pazo

O Breogán trae o internacional Rooper Ahonen ao Pazo

O finlandés foi líder na anotación de triples na pasada tempada en LEB Ouro, curso no que xogou no Oviedo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O Leche Río Breogán anunciou este martes a fichaxe do internacional finlandés Roope Ahonen, un exterior que pode xogar de base e escolta.

O novo xogador breoganista conta con experiencia en LEB -categoría na que militará esta tempada o conxunto galego- tras o seu paso polo Ourense e o Oviedo. Ahonen, que ten 29 anos, mide 1,87 metros e é Internacional absoluto con Finlandia, país no que se formou antes de xogar na liga sueca, militar no Kolossos Rodou (2015–2017) grego e aterrar en España.

Co COB asinou 10,1 puntos, 2 rebotes, 2,1 asistencias en 25 minutos, números que mellorou na súa segunda tempada en LEB co Oviedo Baloncesto, co que promediou 11,8 puntos cun 50,8 % en tiros de tres puntos, 2 rebotes e 4 asistencias en 24 minutos sobre a cancha.

O Breogán destaca que é un xogador “con alta capacidade de anotación, que liderou a clasificación de porcentaxe de acerto de tres puntos na pasada LEB Ouro e cun gran talento para xerar xogo para os seus compañeiros, así como capacidade de alternar o posto de director co de escolta”. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...