InicioDeportesAmbiente máxico e cheo total nun 4×4 Pista Roja Lugo que se...

Ambiente máxico e cheo total nun 4×4 Pista Roja Lugo que se consolida como referente do street basket

Os "Míticos" André Pérez, Aitor Vázquez, Chisco López, Marcelo Egidio, Álvar Vázquez e un prodixioso Carlos Noguerol (base do C.B. Clavijo na LEB Prata) foron os campións da cuarta edición dun torneo que medra exponencialmente ano a ano. O MVP levouno o portentoso Félix Ferro (C.B. Viveiro), o concurso de triplas foi para un afinado Andrés Lodeiro (Basket Xiria) e os mates para un novel espectacular que seguro dará moito que falar nos anos vindeiros: Diego Villadóniga (C.B. Estudiantes)

PUBLICADA O

- Advertisement -

Décadas de historia, miles de xogadores, e o paso por ela de auténticas estrelas do baloncesto nunha cidade na que este é o deporte rei, fan que a Pista Roja estea considerada a nivel galego como un verdadeiro templo do basket de rúa.

O 4×4 é unha invención recente, pero dende aquela primeira edición na que gañou un actual xogador ACB (Sergi Quintela) e os mates un futurible NBA (Tyson Pérez) este campionato estase a converter tamén nunha verdadeira referencia entre os torneos de street basket non só galegos senón a nivel estatal.

Este domingo viviuse a cuarta edición, probablemente a máis desputada de todas, na que uns “nativos” da Pista (Os Míticos) levaron o gato a auga fronte a unha escuadra mariñá que non só deu guerra esta vez senón que o leva facendo moitísimos anos en todos os torneos galegos: “Desde Viveiro con Budón”.

André Pérez, Aitor Vázquez, Chisco López, Marcelo Egidio, Álvar Vázquez e Carlos Noguerol foron os que levaron para a casa o anel de campións. O MVP foi para un completísimo Félix Ferro (C.B. Viveiro), as triplas para o “Lobo” Lodeiro (Basket Xiria) e os mates para unha xove promesa do C.B. Estudiantes: o espectacular Diego Villadóniga.

Un gran ambiente nas gradas da Pista Roja foi a tónica xeral dunha fin de semana de festa baloncestística en Lugo (Autor da fotografía: Jose Eugenio García Beceiro)
+ posts

ÚLTIMAS

Hospitalizadas dúas persoas tras unha colisión frontal entre unha furgoneta e un turismo en Vilalba

Dúas persoas tiveron que ser trasladas polos servizos sanitarios tras producirse unha colisión frontal...

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...